'Non estaría aquí se non estivese orgullosa do que se fai no Concello'

Rosana Rielo, concelleira de Economía e Emprego durante os próximos catro meses, leva moitos anos ligada ao goberno, aínda que de forma intermitente. Entrou con 23 anos, agora ten 34, e asume a área máis importante durante a baixa da titular. Hai quen cre que non era a primeira opción. Ela non o ve así.

Concelleira de economía. Nunca pensou verse nestas.

É algo que non tiña na cabeza, non o pensara, pero estou moi contenta e moi orgullosa de poder contribuír ao traballo que levan feito desde esta concellería. Para min é todo un honor.

Di que a situación económica do Concello é boa.

É moi boa. Para min é espectacular a situación do Concello, a diminución da débeda, o pago a provedores, a baixada da presión fiscal aos cidadáns, o incremento do gasto por habitante... Paréceme incrible que se poidan conxugar estas catro cousas.

Quere iso dicir que Lugo terá un orzamento xeneroso en 2015?

Así o intentamos sempre. Todos os orzamentos que se fixeron ata agora ían nesa liña. Preténdese nunca perder de vista as necesidades dos cidadáns, facer uns orzamentos o máis sociais posibles. E este ano será igual.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios