sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Rocío Mosquera: ''Si disminuimos de forma brusca la concertación con centros privados, cierran y aumenta el paro''

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, durante a entrevista (Foto: Óscar Corral)
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, durante a entrevista (Foto: Óscar Corral)

Defende que, tras a contención da Xunta nos últimos anos, os recortes en sanidade non terán que ser tan drásticos como os doutras comunidades. Tampouco para a concertación.

Rocío Mosquera analiza nesta entrevista o estado de saúde da sanidade galega e o seu pronóstico para os próximos anos.

Sanidade ten un orzamento un 1,5% menor ao do pasado exercicio, onde se produce ese aforro exactamente?

Levamos dende o 2009 intentando axustar os gastos. Facendo unha xestión más rigurosa e máis eficiente, de maneira que poidamos deixar de gastar no prescindible para gastar no necesario. Fixémolo coa xestión integrada da plataforma loxística e temos un plan de eficiencia enerxética que neste momento está en marcha. Tamén en farmacia fixemos un gran esforzo co catálogo priorizado de medicamentos. Seguimos traballando cos profesionais para mellorar a prestación farmacéutica diminuíndo o custe, tanto en hospitais como en Primaria. Son moitas as medidas de aforro que se puxeron en marcha.

''Haberá radioterapuia, aínda que non podo dicir cando''

Por que a Hemodinámica de Lugo non pode ser 24 horas?

En Galicia somos 2.700.000 habitantes. Todos os criterios das sociedades científicas, que recolle agora por certo o Ministerio, din que hai que ter unha unidade de Hemodinámica cada millón de habitantes. En Galicia temos tres, con moi bos resultados en morbilidade e mortalidade. Evidentemente non chegan a un millón de habitantes porque non somos tres millóns. Si que é verdade que se fixo un reparto máis ou menos equitativo destas para que atendan á poboación en igualdade de condicións. Neste momento temos á poboación atendida e ben atendida con esas tres unidades cuns resultados fantásticos. Corremos o risco de que se dispersamos o que facemos e diminuír esa calidade e seguridade. Pode haber salas periféricas para facer atención programada, para acercar o máis posible a atención ao cidadán, como a que se fixo en Ourense. Pero a atención urxente, con que dispersemos imos baixar a calidade e isto está recoñecido en toda a literatura. Por outra parte en Galicia temos desenvolvido un programa para atención urxente do infarto agudo de miocardio, Progaliam, que o que garantiza é que toda a sociedade galega teña as mesmas oportunidades de acceder a unha sala de Hemodinámica no menor tempo posible. E os resultados dos cidadáns de Lugo son os mesmos resultados que os do resto de Galicia.

Consiga AQUÍ la información completa

Rocío Mosquera: ''Si disminuimos de forma brusca la concertación...
Comentarios