Sábado. 15.12.2018 |
El tiempo
Sábado. 15.12.2018
El tiempo

Adolfo de Abel Vilela: ''Raimundo de Borgoña fue quien hizo que la ciudad de Lugo llegara hasta hoy''

Adolfo de Abel Vilela, en Ramón Ferreiro, no futuro, Raimundo de Borgoña (Foto: Pepe Tejero)
Adolfo de Abel Vilela, en Ramón Ferreiro, no futuro, Raimundo de Borgoña (Foto: Pepe Tejero)

É un dos grandes coñecedores da historia de Lugo e del saíu a proposta de dar á actual Ramón Ferreiro o nome de Raimundo de Borgoña, artífice da repoboación que salvou a Lugo. Este e outros cambios no rueiro votaranse no pleno proximamente.

Que reflexión fai un historiador sobre o debate que sempre xeran os cambios no nomenclátor?

Quitarlle unha rúa a unha persoa para poñerlla a outra..., sempre pode haber quen se sinta molesto, pero os cambios obedecen a unha lei. A ninguén lle debería de molestar que iso se faga porque esa lei foi aprobada no Parlamento, onde non están todos os partidos, pero si os que teñen maioría.

Hai quen defende a aportación de Ramón Ferreiro á cidade e cuestiona o seu papel no franquismo.

É que sería moi difícil entrar a matizar, para iso terían que facer unha especie de regulamento de por que a Ramón Ferreiro si e a Ruiz de Alda, por exemplo, non.

Dos nomes que van saír do rueiro, ¿cal diría que foi o máis sanguinario?

Dentro dos nomes que se retiran hai militares, e como dicía un historiador, a historia é como as morcillas, están feitas a base de sangue. Os militares están para ir ás guerras, e para dirixilas, e claro, nas guerras faise sangue, é inevitable. Supoño que a maior parte dos nomes que aparecen nas rúas son fundamentalmente dirixentes da Falange, e posiblemente non teñan ningún delito de sangue.

PROPOSTAS
«Como historiador, gustaríame dedicar rúas a presidentes de EE.UU. que estiveron en Lugo»

Antes a cidadanía intervía máis no rueiro.

É que era unha cousa natural, espontánea. Non se tomaban acordos, o acordo de poñer nomes ás rúas é do século XIX. Porque tampouco se abrían novas rúas, e se se abría algunha, pois era a xente a que lle poñía nome. 

Consiga AQUÍ la información completa

Adolfo de Abel Vilela: ''Raimundo de Borgoña fue quien hizo que la...
Comentarios