''Queremos que la prueba sea una cita de referencia''

Gonzalo Castro (Foto: EP)
photo_camera Gonzalo Castro (Foto: EP)

Gonzalo Castro, xefe de estudios do CPR Cervantes, que impulsa o xoves a II Carreira Solidaria pola Auga

¿Como xurdiu a iniciativa?

Queríamos realizar un proxecto solidario no centro, para implicar aos alumnos e axudar a outras poboacións do planeta. Enterámonos de que Unicef tiña un proxecto para colexios chamado ‘Gotas para Níger’, e organizamos o ano pasado a primeira edición da proba, co ánimo de recadar fondos, e tivo unha grande acollida.

É unha cita que se consolida.

Queremos que sexa unha cita solidaria, lúdica e deportiva de referencia en Lugo o Día das Letras Galegas. Para elo, haberá durante toda a mañá música coa actuación da Nova Escola, e exhibicións gratuitas de golf e béisbol na Praza da Milagrosa, lugar de saída da proba, que comezará ás 11.00 e ten percorridos adaptados a tódalas idades.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios