''Queremos contar cun piso de emerxencia para acollida''

Marta Rodríguez, presidenta da asociación Si, Hai Saída, que asiste a mulleres que sofren violencia de xénero

Que tipo de axuda prestan ás mulleres vítimas de violencia de xénero? Onde os poden atopar?

Prestamos axuda dende o primeiro momento. Contamos cunha rede profesional con avogado, traballador social, psicólogo, terapeuta... e acompañamento para todos os pasos que decida dar e durante todo o proceso. Estamos no centro social da Milagrosa, no parque de Frigsa, os luns, mércores e venres, de cinco a oito.

Que asistencia ofrecen cando a muller deixa ao maltratador?

Ata o momento utilizamos a infraestructura da Casa da Muller, pero estamos pechando unha colaboración cunha entidade privada que está disposta a ceder un piso de emerxencia, un lugar seguro no que as vítimas poderán pasar as primeiras noites. Aínda non está pechado, pero penso que o poderemos anunciar moi pronto.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios