''Queremos axudar ás familias no inicio do curso''

ELP1309P8F1.JPG
photo_camera ELP1309P8F1.JPG

En que consiste o mercadillo que organiza a Anpa?

Poñeremos desde as 17 ás 20 horas tres aulas á disposición dos pais, en colaboración co consello escolar e o claustro de profesores, para que vendan e compren entre eles os libros de texto dos distintos cursos.

A que prezo está estipulada a compravenda dos manuais?

Non tenemos un prezo fixado, xa que iso se establece a xuízo das partes. Sen embargo, nós suxerimos un importe de 10 euros para os libros que están en bo estado e de 5 euros para os máis usados.

Que obxectivo pretendedes acadar coa iniciativa?

O noso principal propósito é axudar ás familias, que teñen que desembolsar preto de 400 euros no inicio escolar. Con este intercambio pódelles quedar en menos de 50. Ademais, pretendemos concienciar os rapaces do importante que é coidar os libros para podelos reutilizar, e así contaminar menos.

Como se desenvolveu a anterior edición?

O mercadillo que fixemos o pasado 28 de xuño foi bastante exitoso. Quedamos moi satisfeitos, xa que máis de 60 nais e pais participaron na compravenda.

Más en Lugo Ciudad
Comentarios