Las propuestas de la Xunta para los grados lucenses causan desconcierto en el campus

As propostas que lanzou a Secretaría Xeral de Universidades para acabar coa duplicidade de graos nos campus galegos ou para reorientar os que non chegan ao alumnado mínimo de ingreso (45 estudantes nos campus periféricos e 50 nos centrais) causaron desconcerto no eido universitario lucense. Nalgúns casos proponse crear graos interuniversitarios «que non se di como se van xestionar», explica o vicerreitor de Coordinación do campus, Pedro García Herradón, e que «non parecen ter moito sentido coa liña de especialización dos campus que estaba promovendo a Xunta».

García Herradón refírese á suxerencia de facer un grao interuniversitario entre a Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, implantado no campus de Pontevedra, e o da Escola Politécnica de Lugo. «É un grao clave na liña de especialización do Campus Terra. Non ten sentido esixir que nos especialicemos e despois dicir que hai que compartir os graos que nos distinguen», apunta. Ademais, aclara que en Pontevedra só se imparte a enxeñería técnica, pero non a superior, que si a hai en Lugo, ademais dunha forte infraestrutura de investigación.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios