viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Profesores del campus participan en un plan para formar doctores en América

Reunión dos visitantes guatemaltecos e mexicanos na Escola Politécnica. (Foto: Xesús Ponte)
Reunión dos visitantes guatemaltecos e mexicanos na Escola Politécnica. (Foto: Xesús Ponte)

A Universidade de Santiago e a Universidade de San Carlos de Guatemala puxeron en marcha un programa de doutoramento internacional no eido das ciencias agrarias e o medio ambiente no que participa profesorado vencellado ao campus de Lugo. Esta colaboración permite incrementar a formación do profesorado universitario dese país, onde só un 1% dos docentes son doutores e, ao mesmo tempo, permite á USC o acceso a proxectos de cooperación ao desenvolvemento, que permiten captar recursos financieiros e de persoal.

«Eles reciben o apoio de profesorado con experiencia en Europa, de moita utilidade para a formación docente e para traballar en empresas que solicitan doutores, e a nós interésanos o vínculo con América Latina para iniciar proxectos de investigación e para ter acceso a bases de datos que aquí non hai», explica Agustín Merino, coordinador do programa de doutoramento.

HUMANIDADES
Proxecto común con Rennes II

A facultade de Humanidades do campus de Lugo tamén está traballando nun programa de doutoramento en Estudos Culturais conxunto coa Universidade Rennes II de Francia, unha institución coa que xa mantén outras liñas de colaboración, como convenios de mobilidade Erasmus. O ano pasado, esta universidade nomeou ao profesor Claudio Rodríguez Fer doutor honoris causa. 

Consiga AQUÍ la información completa

Profesores del campus participan en un plan para formar doctores en...
Comentarios