Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

''Pocas cousas son imperdonables, lo importante es no hacerlas de mala fe''

A socialista Rosana Rielo vén de integrarse por terceira vez na corporación lucense

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis valoro é o contacto cos veciños e facer cousas por e coa miña cidade e a miña xente. O que menos é non lograr todo o que me propoño no momento no que quero facelo.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Estou contenta co que estou a facer e coas oportunidades que me deu a vida.

3. O soño que máis se repite é...

Que todos poidamos facer a nosa vida no lugar que desexemos, coa nosa xente e coas oportunidades que merecemos.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Estrañar, por suposto, aínda que sempre mirando cara adiante.

5. ¿A quen admira?

Admiro a meus pais e a tódalas persoas que adican a súa vida a facer realidade a súa paixón.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Con cada vivencia sempre se aprende algo e hai cousas que se farían doutro xeito, aínda que penso que un sempre se arrepinte máis do que non fixo...

7. ¿Que cita suscribiría?

Refírese á conservación da natureza: «O noso poder medra máis rápido que a nosa sabedoría».

8. ¿Que coche ten?

Un Fiat.

9. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

A verdade é que non son unha persoa de antollos caros.

10. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Un dos meus pequenos tesouros é o formado por tódolos meus discos, ¡e a miña colección de Maná en particular!

11. Unha toleada que fixera por amor...

Facer longas viaxes para ver durante unhas poucas horas ás miñas sobriñas: a ‘real’, a filla do meu irmán, e a ‘postiza’, a filla dunha das miñas mellores amigas.

12. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Poucas cousas son imperdoables, o importante é que non as faga con mala fe.

13. ¿Teñen algún pacto?

Paréceme que non os necesitamos, tan só procuramos seguir sendo nós mesmos.

14. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Cada persoa ten as súas características e o intelixente non é envexarnos, senón aproveitar o mellor que ofrece cada un.

15. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘Los versos del capitán’, de Pablo Neruda.

16. Non sae da casa sen...

O bolso.

17. ¿Que pecados capitais desculpa?

Prefiro non xulgar ningún, aínda que un dos que menos me gustan é a soberbia.

18. Algo que nunca falte na súa neveira...

Leite de soia e, fóra dela, chocolate.

19. Pérdea un bo...

Un bo prato cociñado pola miña nai.

20. Unha peza que desteste...

Nunca me gustaron os uniformes escolares.

21. A súa viaxe soñada sería a...

México.

22. ¿E a súa materia pendente?

Moitas, sempre quero facer cousas novas.

«SE ASUMO ALGO É QUE O PODO FACER»

1. Concelleira de ida e volta, ¿cre que este feito lle deu unha visión máis obxectiva do traballo do equipo de goberno?

Ver as cousas dende dentro e dende fóra dá unha visión máis xeral, aínda que no noso grupo somos analíticos e bastante críticos con nós mesmos.

2. Semella difícil compatibilizar un traballo en Xixón cunha carteira no Concello de Lugo...

Polo momento non levarei nada aínda que, despois de levar Xuventude e organizar o Arde Lucus traballando na Coruña, non me pon medo case nada. Cando asumo algo teño moi valorado que o podo facer.

3. Falando do Arde Lucus, é unha das grandes responsables do seu éxito...

Unha cidade ten que coñecer a súa historia e estar orgullosa de en que se converteu, e que mellor xeito que cun Arde Lucus, do que un dos seus maiores éxitos é a capacidade de unir á cidadanía.

4. Cando empezou era a concelleira máis nova do goberno, ¿sente nostalxia de aqueles inicios cheos de ilusións?

Nostalxia, si. Ilusión teño a mesma, ou máis.

''Pocas cousas son imperdonables, lo importante es no hacerlas de...
Comentarios