viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

Portomeñe: "Parece que hai unha epidemia de comunismo"

Carlos Portomeñe
Carlos Portomeñe
Carlos Portomeñe, un veterano, aínda mozo, na política luguesa repite como candidato de Alternativa Cidadá de Esquerdas

Cantas veces volverá ser candidato ás eleccións?

Dependerá de qué circunstancias se dean. Se non saira esta sería a última vez, se saira e os compañeiros decidiran que me volvera a presentar como pasou desta vez... Dos diferentes ámbitos de actuación da política, eu elexín o local. Penso que é importante no sentido de que vivo aquí, a miña familia está aquí e apostei por estar no concello aínda que tiña outras opcións. Aínda que agora o din todos, verdairamente me preocupa o futuro da cidade.

Sempre se di que as eleccións municipais son máis de candidato, máis personalistas, que de partido. Tendo en conta iso e que xa concurriu outras veces, non pensaron cambiar?

Sí. Eu fun o primeiro. O primeiro é a miña organización e o ben colectivo está por riba de todo. É certo que o noso discurso é o mesmo, pero tamén que os tempos son distintos e pedir o fin do bipartidismo, máis participación, máis democracia, que antes parecía ata utópico, agora ata o piden as forzas de dereitas. O que pasa é que empecei na política moi novo, pero penso que o momento é este. Teño 46 anos e é un bo momento para estar en política. Teño a madurez suficiente como para asumir determinadas responsabilidades. Non quero presumir de nada, pero o meu comportamento a nivel ético e político é irreprochable.

Por que non se integraron na plataforma de Lugo Novo?

Eu fun a persoa que elaborou o documento da converxencia política de EU en Galicia e unha parte fundamental do que son as mareas en Galicia xurdiu del. O 1 de setembro reuninme con A Nova e Podemos. Apostábamos por unirnos todas as mareas cidadás.

Que pasou entón?

Puxemos a liña roxa no programa. Compromiso, por exemplo, non está de acordo coa auditoría cidadá das contas do Concello.

Pensa que Compromiso ten moito peso en Lugonovo?

Compromiso é Lugonovo. Non podemos ir cun partido que hai once meses, nas europeas, concurriu con PNV e CiU. CiU é o que propón as medidas de recorte en Europa, medidas que logo se aplican aquí. Nós somos coherentes.

A que aspiran nestes comicios do 24-M?

Aspiramos a gañar. Nas autonómicas tivemos o 15,6% dos votos e nas europeas, e despois da irrupción de Podemos, tivemos casi o 11%. O voto das formacións contracorrente cidadás, poden ser do 26% e eso é ao que aspiramos. Levamos moito tempo denunciando as cousas que lle preocupan a xente. Agora todo o mundo fala de corrupción e quero lembrar que eu cheguei a recibir ameazas físicas nesta cidade por denunciala. Por certo Parece que agora hai unha epidemia de comunismo, todos queren remunicipalizar os servizos, ata o pide Castiñeira e Ciudadanos. Eu estou encantado de que todos pensen igual sobre iso porque a sociedade se transforma pola hexemonía do pensamento.

Portomeñe: "Parece que hai unha epidemia de comunismo"
Comentarios