Por outubro

A fraxilidade da memoria dos pobos,é coma o cristal e as veces, vese superada no só pola sucesión dos acontecementos, senon polas ansias de figurar dos figurantes de seu, frente a  dos verdadeiros protagonistas, que non reclaman notoriedade, senon aportar algunha millora ao  país e a sua xente.

En Lugo temos xente así, que fai que nestes dias de outubro se vaia poñer en marcha pola Consellería de Sanidade, unha nova campaña de vacinación: a da vacina contra o VPH.

Non só en Galicia, senón en todo o Estado Español, xa que todas as administracións sanitarias das comunidades autónomas, asumiron voluntariamente a inclusión desta medida preventiva no seu calendario de vacinacións

O VPH é un virus que ocasiona  unha das maiores traxedias que pode causar entre as mulleres, a do cancro de útero.

Na comunidade científica fai tempo que se recoñece a súa eficacia para previlo, sabíase que o 99% das rapazas que se vacinan quedan a marxe dor isco de padecelo. Pero aínda había quen discutía a oportunidade de incluílo ou non, no calendario normalizado de vacinacións para as nosas nenas.

A partires deste mes de outubro, as nenas maiores de catorce anos, xa poden poñela e librarse dunha doenza que é das de maior incidencia entre nosotras e con unha mortalidade moi elevada. Pero ata fai algúns anos este mal presentábase arredor dor 40 anos, pero agora por diversos factores, a cada paso está a facer a sua aparición a idades máis temperás, nalgunha moza antes dos 30 anos.

¿Por que non se fixo antes sabendo como se sabía todo isto? Pois supoño eu que fai falla a sensibilidade, a profesionalidade e o compromiso social dunha muller para implementalo no Servizo Público Sanitario..

A sensibilidade para non quedarse de brazos cruzados ante a contemplación do drama de tantas e tantas mulleres, podendo evitalo con algo tan doado e simple como una vacina máis.

A profesionalidade dunha médico-cirurxana para tratar de atallar o aumento que está a presentar esta patoloxía nas mulleres e salvar todas as vidas que a morte trata de levar por diante antes sen pedir permiso.

O compromiso político e social como deputada, para lograr que os seus compañeiros de grupo parlamentario acollan a súa proposta e sexan cómplices nun proceso lexislativo, traballoso, e tan minucioso que se precisa case que ser inasequible o desánimo fronte a tanto trámite para abordar a fermosa tarefa de ser útil de verdade as mulleres, as súas familias, a sociedade. Grazas, Isabel, de parte de todas as mulleres.

Comentarios