Pero... ¿Hasta dónde llega A Milagrosa?

A Milagrosa ha ido conformándose a lo largo de más de setenta años en torno a la parroquia auspiciada por José Fernández Núñez, ‘el cura de San Froilán’, un sacerdote nacido en Outeiro de Rei que dio pie a la construcción de la iglesia -se inició en 1941- que hoy sirve como eje de referencia a un barrio de unos 25.000 habitantes. Con los años los vecinos han ido desarrollando un orgullo de pertenencia al por algunos ya considerado como el más representativo de los barrios lucenses y en cuya parroquia también se incluye toda la zona que comprende hasta las calles Lamas de Prado, Rúa Lumbrigante, Flor de Lirio, Angelo Colloci (la mitad) y la Rúa da Avutarda.

Germán Lence: «En García Abad una acera sí es y la otra ya no»

Una de las aceras de García Abad pertenece al barrio de A Milagrosa, pero la otra ya no. Lo sé porque soy vecino del barrio. ¿Por qué una acera sí y otra no? No tengo ni idea. Lo mismo ocurre en Lamas de Prado, una es de A Milagrosa y otra pertenece a San Antonio. Por arriba, un buen trozo de la avenida de A Coruña es nuestra, en el límite con A Piringalla. No sé exactamente dónde, porque aquella zona no la conozco tan bien».

Carlos Martínez:«Otero Pedrayo é da Milagrosa e de San Froilán»

«Os de aí abaixo, na quinta de Pérez, van á igrexa a San Froilán e os veciños de Otero Pedrayo que viven nesta beirarrúa tamén, pero os desa outra van á misa da Milagrosa. Eu levo aquí 25 anos e ninguén me dixo nunca se esta rúa pertence ao barrio da Milagrosa, así que non sei a donde chega. Creo que o límite ao barrio é segundo a beirarrúa. A da Milagrosa seguiría por Perpetuo Socorro e hacia Ponte Romai».

Majo Rodríguez: «Penso que barrio e parroquia teñen o mesmo límite»

«O límite na zona de Camiño Real está na confluencia de Tino Grandío coa Rúa Tui. Seino porque, aínda que agora non o son, fun veciña da Milagrosa moitos anos. Paréceme que a avenida da Coruña xa non sería do barrio. Chegaría ata Luis Seoane, a rúa anterior. Tampouco teño moi claro se os límites do barrio coinciden cos da parroquía, pero creo que sí. Hacia a outra parte A Milagrosa chega ata o inicio da Piringalla.

Elena Fagilde: «Para as festas só piden na beiravía de en fronte»

«Cando piden para as festas da Milagrosa veñen a unha beirarrúa e a outra non. Seino porque un ano viñeron pedir uns rapaces bastante lixeiros de cascos e unha veciña díxome que non lles dera porque vivo na beira das rúas Río Eo e Río Sil. Foi cando souben donde límita A Milagrosa. Alcalde Ramiro Rueda é do barrio e polo colexio de Paradai abaixo tamén. Eu, ao vivir na outra beirarrúa, xa non estou nos límites do barrio»

Marcos Lamas: «Iría desde Fonte dos Ranchos hasta la avenida»

«Yo vivo en la calle de los Guardias y para mí A Milagrosa iría desde Fonte dos Ranchos hasta la avenida de A Coruña. No se si en realidad forma parte del barrio o no. El límite por el otro lado podría ser desde García Abad o Concepción Arenal, hasta donde comienza A Piringalla. Ahora que lo pienso tampoco sé con seguridad en qué calle comenzaría un barrio y en cuál acabaría el otro. Antes de los depósitos, eso sí».

Modesto Soto: «Nin idea, non habería que facer separacións»

«Non hai moitos anos que vivo aquí e móvome por moitos sitios da cidade, así que non sabería situar con exactitude si A Milagrosa por este lado remata aquí, na zona de Otero Pedrayo e Río Oribio, ou en outro sitio. Identifico o barrio sobre todo coas rúas cercanas á zona da igrexa, e tamén podería ser só esa zona, na Rúa Milagrosa. Mom idea. Paréceme que non hai que facer separacións, e non é algo que me preocupe».

José Luis Fernández: «De neno vivín na Milagrosa e agora son da Piringalla»

«Vivo moi preto da rúa Manuel María, aquí ao lado. Durante moito tempo vivín na Milagrosa e agora na Piringalla. aínda que ao preguntarmo xa non estou seguro, porque as rúas da contorna desta, ata o instituto, poderían tamén ser parte da Milagrosa. Escoitei que o barrio vai desde San Isidro Labrador -donde se celebran as festas da Piringalla-, ata chegar a García Abad, xusto no remate da rúa Luis Seoane».

Marisol Cobas: «A Rúa do Franco para os enterros é da Milagrosa»

«A Rúa do Franco pertence á Milagrosa, non sei se as dúas beirarruás ou só unha, pero no referente a un enterro sí. Eu levo vivindo aquí entre seis e sete anos e considérome veciña deste barrio. Cando cambiei non había todas estas rúas. É unha zona con moitos supermercados e que vai mellorando moito. Nas festas, aquí veñen pedir os da Milagrosa, os de Albeiros e os da Piringalla. Todos tratan de pescar donde poden».

Joaquín Martínez: «Ten o límite nas rúas das Fontes e Túnel de Oural»

«O barrio da Milagrosa ten o límite na contorna da Rúa das Fontes e Túnel de Oural. De aí cara arriba sería A Piringalla. Polo outro lado chega case á Ronda da Muralla, colle Camiño Real. Polas rúas Isidro Labrador e Río Ladra a Avenida da Coruña serve de límite ao barrio á altura da estación de servizo, máis ou menos. A partir de aí xa é donde comeza Albeiros. O que non teño claro é se o parque de Frigsa é ou non da Milagrosa»

Manuel López: «Ser dun barrio ou doutro é cuestión de afinidades»

«A Rúa do Franco considéroa como periferia do barrio. E logo xa é cuestión de afinidades, eu prefiro ser da Milagrosa que de Albeiros, aínda que non vexo unha división marcada. Outra cosa sería falar de estruturar a cidade en distritos, así sí existirían límites. A donde chega A Milagrosa? Pois case se podería dicir que dunha banda ata Garabolos e a zona da Abella e, doutra, ata prácticamente a muralla, non?».

Álvaro Carballo: «Non o sei, pero somos de Lugo, iso é seguro»

«O instituto Anxel Fole xa é da Piringalla. Eu vivo aquí, cerca da rúa das Fontes. Son da Piringalla, ou eso é o que escoitei desde que pequeno. O meu barrio pola Avenida da Coruña chegaría ata Boulevard Norte e o centro do da Milagrosa sería a praza xunto á igrexa. Logo saber donde remata xa é máis difícil. A praza de Viana do Castelo tamén debe ser da Milagrosa. O que teño claro é que somos de Lugo, iso é seguro».

Andrea Enríquez: «Vivo na zona de Illas Canarias, e son de Albeiros»

«Para mín a Rúa do Franco, Illas Canarias e o parque de Frigsa -non sei porque lle chaman da Milagrosa- é todo barrio de Albeiros. Supoño que ao chegar á Avenida da Coruña é donde corta A Milagrosa. Polo menos así e como eu o vexo desde que era pequena. Vivo nesta zona, e aínda que non estudei no colexio de Albeiros ese era o que me correspondía por zona, así que... eu son Albeiros, non da Milagrosa».

Comentarios