''Nos parece bien informar a los niños de cómo deben comer''

Rubén Méndez, voceiro da Anpa do colexio Luis Pimentel, que hoxe inicia talleres nutricionais para nenos

A Escola de Nais e Pais da Anpa do colexio Luis Pimentel inicia hoxe unha serie de talleres nutricionais dirixidos aos nenos. Por que a eles e non aos pais?

Parécenos interesante darlles información aos nenos sobre como deben comer. Xeralmente as actividades da escola van dirixidas aos pais, pero moitas veces non teñen moita resposta, non sei se porque non sabemos explicárllelas ou porque non teñen tempo para acudir a elas. Así que esta vez acordamos organizar os talleres para os nenos, e a resposta foi moi boa, anotáronse moitos e tivemos que ampliar a actividade.

Quen impartirá os talleres e en que cursos?

Impartiraos persoal de Altaga, a Asociación de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia, e e haberá un taller por curso. A actividade comezará todos os días ás seis da tarde e vai ser moi participativa.

Consideran os pais que a nivel de colexio non se trata abondo o tema da nutrición?

Si ten bastante presencia, porque os menús dos comedores fanos nutricionistas, o Concello colabora co programa de Almorzos Saudables..., pero cremos que esta tamén é unha forma de chegar aos pais.

Más en Lugo Ciudad
Comentarios