''Para moitos o curso é un lugar de encontro''

Hai moitos inscritos nesta vixesimonovena edición?

Hai arredor de cento dez inscritos nas cinco especialidades que se ofertan. Nalgúns casos, como o de canto e pandeireta, xa non hai prazas; noutras, como técnicas de baile tradicional, hai máis de trinta inscritos. En xeral, hai moita xente en todos, un poco menos en zanfona, porque tamén hai menos zanfonistas.

Obsérvase algún cambio con respecto a anos pasados?

Xa dende estes últimos anos hai moitísimo alumnado. Cada ano imos a máis e moita xente repite. É un curso no que, ademais de aprender, a xente aproveita para relacionarse con outras persoas que tamén viven a cultura tradicional. É un lugar de encontro.

De onde veñen, ademais de Galicia?

Este ano, de Cataluña, País Vasco, Navarra, Madrid, Murcia, algunhas persoas de Portugal e dúas de Suiza. Ilusiona ver que hai demanda e que dende xaneiro xa están preguntando.

Que novedade hai este ano?

A maiores imos impartir dous obradoiros para todos os alumnos, un de bailes agarrados e outro de instrumentos vexetais, como follas de hedra ou pipas de alcacén, que son como palliñas de centeo.

Comentarios