''Para mí y para los amigos disculpo cualquier pecado; a los enimigos, ninguno''

O exprofesor Jorge de Vivero cre que a defensa do medio ambiente é unha cuestión de éticaMoi persoal

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é que xa non teño a obriga de facelo, que era o que máis me desgustaba.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Só a ser feliz, se soubese o xeito.

3. O soño que máis se repite é...

¡Son os pesadelos!

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Case todo, pero porque está atrás.

5. ¿A quen admira?

Os meus cans.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non, porque sería moi longo e pesado.

7. ¿Que cita subscribiría?

Unha ‘autocita’: «Isto é o que hai». É o epitafio que teño pensado para min...

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Podería prexudicarme para a miña prometedora carreira política...

9. ¿Que coche ten?

Dende hai dous meses, un Golf.

10. ¿Cal foi o antoxo máis caro que mercou?

Non teño antoxos.

11. ¿E o seu ben material máis prezado?.

Son moi espiritual.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Non fago toleadas, e menos por amor.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

Eso vai segundo os días.

14. ¿Teñen algún pacto?

Non.

15. O máis difícil da convivencia é...

A propia convivencia continuada.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Envexar non é a palabra que defina o que eu sinto polo outro sexo...

17. ¿Que libro ten na mesiña de noite?

‘Guillermo, el proscrito’, da saga de Guillermo Bronw, que releo initerrumpidamente dende a infancia.

18. Non sae da casa sen...

Vestirme.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A min e aos amigos, todos; aos enemigos, ningún.

20. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Xeo.

21. Pérdeo un bo...

Un bo ‘dolce far niente’.

22. Séntese cómodo vestido con...

Vestido ou espido, segundo a ocasión.

23. ¿Que calzado lle gusta levar en cada ocasión?

O máis comodo.

24. 24.Unha peza que deteste...

O botón de arriba da camisa pechado.

25. As mellores vacacións da súa vida foron...

¡Buf, tantas das miñas viaxes! Quizais o percorrido polo oeste americano.

26. ¿Cal é a súa viaxe soñada?

Dubido entre os parques africanos e a Patagonia.

27. A paisaxe que máis o impresionou...

O Gran Canón de Colorado.

28. Un libro e unha película.

‘O gattopardo’, de Giuseppe Tomasi di Lampedusa, e ‘O home tranquilo, de John Ford.

29. ¿Cal é súa materia pendente?

A estas alturas da película, unha que oxalá tarde moito.

«Está a comezar a catástrofe climática»

1. Xubilouse hai catro anos e dixo entón que non quería educar rapaces, senón ensinarlles. ¿Cal é a misión da escola?

Din clase a rapaces de 16 a 18 anos, que xa tiñan que vir educados. Gustábame aquel nome antigo de Ministerio de Instrucción Pública (evitaba confusións), xa que o profesor instrúe directamente e indirectamente, educa.

2. Dende que se foi, ¿canto perdeu o ensino público?

¿Coa miña marcha? A modestia impídeme responder.

3. Ecoloxista convencido, ¿non cre que a crise supeditou aínda máis a defensa do medio ambiente á economía?

Quizais, pero é unha cuestión de ideoloxía e de ética, máis que económica. O noso próximo é todo o que existe, non os homes (Gandhi).

4. ¿Os fenómenos extremos deste ano deberían provocar unha reflexión seria sobre o clima?

A catástrofe climática está a empezar con eses fenómenos extremos repetidos. Xa é tarde para impedila, quizais só amortiguala. Pero nin eso faremos, non somos tan listos.

Comentarios