Padres del instituto Ollos Grandes piden adelantar las fechas de selectividad

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes vén de enviar varias cartas a distintos cargos da Xunta de Galicia para pedir que se adianten as probas de selectividade, de xeito que todo o proceso quede rematado nos meses de xuño e xullo, incluida a segunda convocatoria, que ata o de agora se celebra en setembro. O obxectivo é, segundo indican nas misivas, que os alumnos poidan ingresar na universidade cando empeza o curso.

O calendario das probas de selectividade quedou desfasado con respecto ao universitario cando se fixo a adaptación ao Espazo Europeo de Estudos Superiores -máis coñecido como plan Boloña-, hai dous anos. Co cambio, o curso universitario pasou de empezar en outubro a facelo na primeira quincena de setembro. Porén, as datas de selectividade mantivéronse igual: a primeira convocatoria ten lugar a mediados de xuño e a segunda, pasado mediados de setembro.

Consiga AQUÍ la información completa

Más en Lugo Ciudad
Comentarios