miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

La Olimpiada Matemática reunió a 35 alumnos lucenses en el Xoán Montes

Participantes na Olimpiada Matemática. (Foto: EP)
Participantes na Olimpiada Matemática. (Foto: EP)

O instituto Xoán Montes foi onte a sede da fase provincial da Olimpiada Matemática, que organiza Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) entre os alumnos de segundo de Eso de toda Galicia, repartidos en sete zonas. En total, participan más de 50 centros galegos. Nas probas que se celebraron onte no centro lugués tomaron parte 35 estudantes dos institutos Basanta Silva (Vilalba), San Rosendo (Mondoñedo), A Pinguela (Monforte), Poeta Díaz Castro (Guitiriz); O Camiño (Palas), Sanxillao e Lucus Augusti e Xoán Montes (Lugo), así como os colexios Tino Grandío (Guntín) e Martínez Otero (Foz).

O obxectivo deste certame é promover o ensino e a aprendizaxe das matemáticas a través da resolución de problemas. Na proba de onte, os participantes, que se presentan de xeito voluntario, enfrontáronse a cinco desafíos, os mesmos que se lles prantexaron ao resto dos participantes nas outras zonas.

Consiga AQUÍ la información completa

La Olimpiada Matemática reunió a 35 alumnos lucenses en el Xoán Montes
Comentarios