''Ofrecemos un menú degustación por 30 euros''

ADE2001P101F1.JPG
photo_camera ADE2001P101F1.JPG

En que consistirá o menú degustación?

Incluirá tres pratos: rebozada, rechea e á bordalesa e tamén a sobremesa, que será típica de Arbo (Pontevedra), de onde vén a lamprea. De sobremesa, haberá leite frito e requesón das Neves.

Canto costará?

Serán 30 euros, pero non incluirá nin a bebida nin o café.

Son as primeiras xornadas que fai?

Non, son as terceiras. Miña muller é de Arbo, de onde se pescan as lampreas e preparámolas tal cual se preparan por alá.

Cantos días terán o menú degustación?

Só desde hoxe ata o domingo. Non obstante, as xornadas seguirán durante todo o mes.

Segue a ter saída a lamprea, nestes tempos de crise?

Está todo máis parado, pero hai xente á que lle gusta.

Pero é un prato caro.

A lamprea enteira cóstanos a nós 30 euros e se se presenta guisada custaríalle ao cliente 75 euros.

Cal é a receita que ten máis seguidores?

A lamprea á bordalesa. É a receita máis tradicional e tamén é a que máis vén pedindo a xente todos os anos aquí neste restaurante.

Comentarios