El verano habla en plata

As sardiñas están de volta na Praza. Chegan de Burela e, pese a ser as primeiras, están ben surtidas de graxa polo que xa son perfectas para asar. Normalmente, os primeiros exemplares que chegan ás peixerías son axeitadas para fritir, pero aínda non teñen envergadura suficiente como para asar. Se a sardiña non ten unha determinada cantidade de graxa pode resultar un pescado un pouco seco ao ser cociñado dese xeito. Nese caso o mellor é optar por fritilas, algo que non se pode facer cando teñen un determinado tamaño e están ben surtidas de graxa porque resultan demasiado pesadas. As que se poden atopar no mercado teñen bo tamaño e tamén bo prezo. O quilo estase a vender a 4,90 euros, un prezo máis que axeitado para ser a primeira remesa. Están tendo moi boa salida nestes días de novidade.

Un quilo 4,90

Prezos no mercado de Lugo

CARNICERÍA

 

=   Chuletón

13,8

=   Falda

7,20

=   Filete

10,80

=   Solomillo

18

PESCADERÍA

 

Meiga

11,90

=   Cabras

9,50

=   Pescada

9,50

=  Rape

11,50

FROITERÍA

 

Cereixa

3,50

Pavía

2,25

Albaric.

2,75

Mazá

1,25

HORTALIZAS

 

Xudía país.

3,3

Pemento p.

3,9

=   Tomate p.

2,20

=   Leituga

0,70

 

 

   

Tempo de churrasco

 A tempada de churrasco está chegando. Cada vez ten máis demanda, sexa o de tenreira (7,50 euros o quilo), o de cocho (6,50) ou os chorizos criollos (7).

 

 

   

Pexego vermello de murcia

 A incorporación desta semana da froita de óso é o pexego vermello. Vén de Murcia e caracterízase porque ten moitísima auga. Está xusto no punto perfecto de consumo. Pode atoparse a 4,10 euros o quilo.

Más en Lugo Ciudad
Comentarios