El tiempo de las sardinas

ELP2706P80F3.JPG
photo_camera ELP2706P80F3.JPG

Este é o momento ideal para mercar sardiñas. Pasado o San Xoán, o prezo baixa notablemente pero o peixe segue estando no seu punto exacto de sabor. Na Praza poden atoparse agora a 5,90 euros, despois de venderse a 9,90 o pasado venres e a 10,90 o sábado. Os puristas prefiren a sardiña para facer asada. O tamaño e a cantidade de graxa fai que sexa perfecta nesa preparación. Porén, a parrocha ou xouba (a sardiña de tamaño pequeno que se vende a 7,90) sabe mellor fritida. Pese a ser a mesma variedade, en realidad o sabor non é igual pola envergadura e, sobre todo, a cantidade de graxa. Con certo parecido na apariencia pero de sabor distinto tamén están no seu momento o xurelo (5,90 o quilo) e a súa versión pequena, o chincho (4,50 o quilo). De igual xeito, o mellor é asar o maior e botar á sartén o menor.

Un quilo 5,90

   

O fresón do país dura máis

Xa chegou á Praza o fresón do país. Ven de Vilagarcía, comercialízase a 3,50 e dura máis tempo porque non pasa por cámara e é máis duro.

     
   

Queixo curado ecolóxico

Na praza de abastos pode atoparse un queixo ecolóxico de vaca con cen días de curación que está tendo moi boa saída.Pode comprarse a 35 euros o quilo e resulta perfecto para tomar cun copa de viño tinto.

 

Prezos no mercado de Lugo
CARNICERÍA     FROITERÍA  
=  Filete t. 10,80    Cereixa 2,50
= Falda t. 7,20     Plátano 2,85
= Costela 6,50   Laranxa 1,50
= Criollo 6,8    Pavía 2,25
PESCADERÍA     HORTALIZAS  
Pescada 8,90   = Tomate 1,90
 Bonito 16,90   = Leituga 0,70
= Pota 7,50   = Pemento 2,50
= Castañeta 7,90   Xudía 3,25

Comentarios