El tejedor de coherencia

Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Foto: XESÚS PONTE

francisco galán Fandiño, un bo Cáncer do 77, comparte con este articulista de ocasión docencia no Cuarto Ciclo da USC. Eu intento explicar algo de Ecoloxía, e el transmite magnificamente o concepto de Desenvolvemento Sustentable ao traveso da súa especialidade: o manexo da lá de ovella galega. Fran, que quedou orfo de pai e nai na altura da súa adolescencia, é biólogo, e está a piques de defender o Traballo de Máster na facultade de Veterinaria, dirixido pola doctora Flora Guerrero.

Empezou a tecer fai 5 anos, facendo un colchón para as súas fillas. Francisco transmite moi ben o concepto de sustentabilidade, porque o tecedor-docente é o exemplo verdadeiro que podemos contemplar na casa-taller de Locai, en Santa María Alta: unha existencia moi lonxe do vicio-ciclo contemporáneo de mercar-tirar-mercar.

El tece, nestes tempos enganosos, coherencia e transmisión do coñecemento honrado. O Francisco é un especialista, e hailles moito que tecer.

Emilio Carral é profesor da Escola Politécnica

Comentarios