martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

''O peixe é moi fresco, cómproo na lonxa cada día''

ADE2001P113F1.JPG
ADE2001P113F1.JPG

Cando abriu o seu negocio?

Hai dous meses, no mes de decembro.

Por que decidiu montar este tipo de tenda, xa traballara antes neste sector?

Si, levo moitos anos. A miña familia adícase ao peixe desde hai moito tempo.

Onde o compra?

Na lonxa da Coruña.

Ten algunha especialidade?

O máis importante que ofrecemos é a calidade do peixe, que sempre é fresco porque vou compralo todos os días á lonxa. Se a xente quere algo que non hai ese día, se me avisa tráigollo para o día seguinte ou para cando o necesite.

A que hora se ten que levantar para ir comprar o peixe tódolos días?

Moi cedo, teño que marchar de aquí ás catro da mañá.

Qué horario ten de atención ao público?

De nove a dúas e media, pero moitas veces abro sobre as oito e media porque chego da Coruña sobre oito menos cuarto ou oito, móntoo todo e xa abro. A esa hora hai xa nais que levan os nenos ao colexio e paran encargarme o peixe.

Que tal lle está indo desde que abriu en decembro?

Vou pouco a pouco, pero non me queixo, tal como están as cousas.

''O peixe é moi fresco, cómproo na lonxa cada día''
Comentarios