Que se poderá escoitar no concerto desta noite, ás doce, no Clavicémbalo?
Pois cantarei fados, cantigas galegas, boleros, sons cubanos, blues africanos, folclore americano e outras cancións coñecidas como, por exemplo, ‘Veneno en la piel’, da que fixemos unha versión diferente. A este espectáculo, que facemos eu e Gonzo Piña, a miña parella, que me acompaña á guitarra e ao baixo, chamámoslle, precisamente, ‘Sonidonia’, por ser unha macedonia de distintas músicas e estilos.
Desde cando canta fados?
Desde o 2009. Unha amiga miña oiume cantar e propúxomo. Eu son tímida e non me atrevía pero despois pensei que por que non iba probar. Fundamos un grupo, Clave de Fado, e demos o primeiro concerto, que foi no Vicedo. Alí comprobei que a xente non escapaba en bandadas senón que viña. Desde aquela, cada vez nos foi mellor e o ano pasado demos 60 concertos en total. Agora estamos empezando a compoñer os nosos propios temas.
Por que lle gusta tanto o fado?
É unha expresión case exacta do meu sentir, identifícome coas melodías, cos sons e coa súa poesía.