''O espectáculo é apto para todo o que queira rir''

Anxo Lamelo.
photo_camera Anxo Lamelo.

Menos dá unha pedra, dúo humorístico integrado por Anxo Lamelo e Simón Onteniente, estrea hoxe, as 22.45 horas na cervexería A Abadía, na Milagrosa, o espectáculo ‘Á dereita do pai’. En que consiste?

‘Á dereita do pai’ narra o encontro no ceo de dúas personalidades, que debaten alí do divino e o humano e falan dos que promoveron e torpedearon a cultura galega, todo iso misturado con cousas da actualidade. É un espectáculo incluido nun ciclo de monólogos que fai a Asociación Cultura Galega.

O asunto parece bastante sesudo para un espectáculo de humor. Hai lugar para a risa?

Si, basicamente é un espectáculo de humor e na función tamén cantamos e intentamos implicar ao público.

A que tipo de público vai dirixido o espectáculo?

Salvo o infantil, o espectáculo é apto para todo o que queira rir.

Levan moito tempo Simón Onteniente e vostede co dúo?

Fixemos moitas cousas xuntos, pero estreámonos como dúo humorístico con este espectáculo.

¿A entrada é gratuita para o público?

Si, é completamente de balde.

Comentarios