El documento de Educación baraja tres opciones de cambio en el grado de Ade

O documento que a Secretaría Xeral de Universidades presentou ás tres universidades galegas para a reordenación dos graos da comunidade autónoma contempla ata tres propostas distingas para o grao de Administración e Dirección de Empresas (Ade), o centro ao que pertence o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. No apartado de suxestións que fan as universidades, ábrese a posibilidade de facer unha titulación conxunta entre ADE e Dereito de Santiago; outra entre ADE e Relacións Laborais, implantada en Lugo, e unha terceira vía para facer do grao unha dobre titulación internacional xunto coa Universidade de Gales. De entre todas elas, a de facer un título conxunto con Dereito é a que recolle a Secretaría Xeral de Universidades nas súas propostas propias.

O interés da Secretaría en racionalizar a oferta de graos en Administración de Empresas non se debe á falta de alumnos de ingreso (ADE en Lugo ingresou este curso 71 alumnos, 26 máis do mínimo esixido), senón á enorme presenza destes estudos no mapa de titulacións autonómico. Non en balde, é o máis implantado, con oito graos, de aí o interese en diversificalo.

DIPLOMATURA
Sen avaliación por compensación

Os 15 alumnos da extinta Diplomatura de Empresariais que quedaron sen o título por suspender unha materia non poden optar á avaliación por compensación -que permite aprobar unha materia suspensa en función da media do expediente- porque a USC non contempla esta opción. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios