El director de la EPS revalidará su cargo el lunes al no haber más candidaturas

O director da Escola Politécnica Superior de Lugo, Javier Bueno, revalidará o seu cargo ao frente do centro universitario por outros catro anos con toda seguridade, xa que a súa é a única candidatura que se presenta ás eleccións, que se celebrarán o próximo luns.

O prazo de presentación de candidaturas rematou o día 11 de xaneiro, pero a proclamación de candidatos definitiva non se fixo ata esta semana. A campaña electoral comenzou o martes e remata hoxe e as eleccións desenvolverase o próximo luns no salón de actos da Politécnica. A ausencia doutras candiaturas fai prever que Bueno será revalidado no seu cargo sen necesidade de ir a unha segunda volta.

Javier Bueno leva xa catro anos á fronte do centro, periodo no que se xestionou a transformación dos títulos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), un proceso dabondo complicado xa que é o centro que máis titulacións ten no campus de Lugo e, a maiores, a transformación das enxeñarías foi particularmente apurada debido á tardanza das leis que estipulan o seu contido.

Comentarios