El certamen de pintura rápida Cidade de Lugo será este año el 14 de julio

A edil de cultura, Carmen Basadre, informou de que o decimoterceiro certame de pintura rápida Cidade de Lugo será o 14 de xullo.

O estilo é libre e os artistas terán que pintar calquera estampa de Lugo dentro do recinto amurallado ou no adarve da muralla. A inscrición farase ese mesmo día no Concello e o xurado pronunciarase ás seis da tarde. Entregaranse 4.450 euros en premios. O primeiro será de 1.000 euros e haberá un galardón especial para un artista nacido ou residente en Lugo.

Comentarios