''El capricho más caro que compré fueron unas tijeras, ¡me encantan!''

Foto: J. VÁZQUEZ
photo_camera Foto: J. VÁZQUEZ

Ludy Quintas, responsable do salón de peiteado Aluma, vén de traballar coa revista Avenue

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis, sen dúbida, o sorriso dos meus clientes ao rematar un traballo. E, sinceiramente, non hai nada que poida dicir que me desguste.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo que fago, sen dubidalo nin un segundo.

3. O soño que máis se repite é...

Sempre, ter saúde. Sen ela non hai nada.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Non, nada.

5. ¿A quen admira?

Admiro moitísimo ao meu irmán.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Creo que non me arrepinto de nada importante do que fixen, así que non hai tampouco nada que contar.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Non.

8. ¿Que cita subscribiría?

Unha que pronunciou o Mahatma Gandhi: «A nosa recompensa atópase no esforzo, non no resultado. Un esforzo total é unha vitoria completa».

9. ¿Que coche ten?

Un Mini.

10. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

¡Unhas tesoiras! Ademais de ser unha ferramenta fundamental para poder facer o meu traballo, trátase dun obxecto que me encanta.

11. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

A miña casa, porque é o meu fogar.

12. Unha toleada que fixera por amor...

Non me dou conta de ter feito ningunha.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Que xurdise unha falta de confianza entre nós, a confianza é fundamental.

14. ¿Teñen algún pacto?

Non, e ata agora nunca precisamos deles.

15. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Rotundamente, non.

16. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘El monje que vendió su Ferrari’, de Robin S. Sharma.

17. Non sae da casa sen...

Sen o reloxo.

18. ¿Que pecados capitais desculpa?

Creo que a gula é para min un dos pecados capitais máis desculpables.

19. Algo que nunca falte na súa neveira.

A auga.

20. Pérdea un bo...

Algo moi noso: un bo cocido no que non falte de nada.

21. Unha prenda que desteste.

Nunca o pensei, pero coido que ningunha en especial.

22. As súas mellores vacacións foron...

Unhas nas que coñecín Tailandia.

23. A súa viaxe soñada sería a...

A Xapón, é un país que me atrae moito.

24. ¿Cal foi a paisaxe que máis a impresionou?

Unha zona de acantilado na Illa de Pascua. Pareceume unha visión espectacular.

25. ¿E a súa materia pendente?

Aínda que soe a tópico, dominar idiomas.

«NON DEI CON TOP MODELS CAPRICHOSAS»

1. En Aluma xa peitearon a máis dunha top model, ¿coida que é máis complicado que traballar con clientes anónimos?, ¿son moi caprichosas?

Non, en absoluto. Son xente totalmente normal, ¡alomenos as que nos tocaron a nós!

2. Falando de rostros coñecidos, tamén peiteou algunha vez ao actor Mario Casas. ¿Gustaríalle que a terminasen por apodar ‘a peiteadora dos famosos’?

O que me gustaría de verdade é que nos apodasen pola nosa profesionalidade e bo trato ao cliente.

3. Vén de facer un traballo para unha revista de moda internacional ‘Avenue’. ¿Como foi a experiencia?

Tivemos a sorte de participar nunha reportaxe desta publicación e para nós estar aí significa que o noso traballo se recoñece, e iso é un orgullo. Foi moi especial porque se fixo na azotea do Círculo de las Artes en Madrid, ¡idílico!

4. Propoña un peiteado para este verán

Para elas, lévanse uns reflexos diferentes, os ‘splas-lights’, e vén tamén con moita forza o cabelo ondulado. E para eles, o estilo ‘hipster’.

Comentarios