El campus gana tres plazas de Erasmus el próximo curso

Os centros do campus de Lugo disporán o próximo curso case das mesmas prazas que este para enviar aos seus alumnos ao estranxeiro no marco do programa europeo Erasmus. Para o curso 2013-2014 estanse ofertando agora os destinos, que para as titulacións lucenses suman un total de 306. No actual ano académico, as prazas para realizar estudos nunha universidade europea foron lixeiramente inferiores: 303. O prazo para solicitar unha destas estadías péchase o 20 deste mes.

Como sucede habitualmente, a Escola Politécnica Superior é o centro que máis estudantes envía a universidades estranxeiras, cun total de 126, 19 máis que no curso actual. Séguelle de lonxe Humanidades, con 41 prazas, 18 menos que este ano; Veterinaria, con dúas menos; a facultade de Ciencias, con 33, 9 máis que en 2012-2013; Administración e Dirección de Empresas (ADE), con 31, oito menos que este ano; Formación do Profesorado, con 19, unha menos que este curso, Enfermaría, con 17, catro máis que este curso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios