jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

«O Balneario é o gran descoñecido da cidade»

Cal é a finalidade desta xornada de portas abertas?

A finalidade é mostrar o Balneario e as termas romanas a todos os lucenses que aínda non os coñecen, para que proben os distintos tratamentos de forma gratuíta. Cremos que é unha sorte ter un balneario nunha capital de provincia e que neste caso, este é o gran descoñecido da cidade.

Esta visita está dirixida a algún público en concreto?

A do 9 de xullo está aberta a todo o que se queira achegar. En setembro si que faremos unha destinada ao público infantil, pois as nosas augas están dando moi bos resultados en nenos.

Hai máis actividades programadas para ese día?

Ademais de poder gozar das augas mineromedicinais nos circuítos térmicos, na piscina ou nos chorros, realizaranse tamén visitas guiadas pola mañá, desde as 9.00 ata as 13.00 e pola tarde desde as 16.30 ata as 20.30, cada media hora. É necesario solicitar cita previa no 982221228.

Que se poderá ver nesas visitas guiadas

Poderanse ver as instalacións do Balneario e parte das escavacións realizadas recentemente nas termas romanas.

«O Balneario é o gran descoñecido da cidade»
Comentarios