''El avance de Polonia en los últimos anos ha sido increible''

Ana Peña naceu en Castro de Rei, pero viviu toda a infancia en Lugo. Estudou na Milagrosa, no Feminino e no Colexio Universitario, ata que marchou a Santiago para rematar Filoloxía Galego-Portuguesa. Entre cuarto e quinto de carreira tomou unha pequena decisión que tería consecuencias enormes na súa vida. No verán marchou facer un curso de portugués a Lisboa e alí uns amigos presentáronlle a un polaco que tamén estaba interesado na lusofonía. Levan 15 anos casados en Varsovia e teñen dous fillos.

Ana está convencida de que cando falou de marchar para Polonia «a maior parte da xente pensou que estaba tola, non apostaban gran cousa polo futuro da relación e pensaban que Polonia era pouco menos que o terceiro mundo», lembra. Só as súas compañeiras de piso se daban conta da dimensión do asunto, e os seus pais estaban mortos de medo do que sería dela nese país lonxano.

Con todas as opinións en contra, chegou a Varsovia cun abrigo «ben quentiño» do que a súa sobra comentou: «Que abrigo de primavera tan bonito!». Cando chegou o frío entendeu aquelo de «primavera». «Non me servía para nada», recorda. Con varios meses a menos dez graos baixo cero, e picos de ata menos 25, había que abrigarse en serio. Pero o que peor leva non é o frío, senón a falta de luz.

A pesar da dureza do clima, atopou unha acollida moi cálida. «O que máis me gusta é a xente, en verdade síntome moi apoiada e querida aquí», admite. Define aos polacos como «boa xente, penso que parecidos aos galegos, aínda que máis serios».

Se algo había de verdade nas preocupacións da súa xente era a idea de país sen moitos recursos, pero iso foi mudando diante dos seus propios ollos. «Cando eu cheguei si se vía a diferencia, pero diso hai xa quince anos e neste tempo o avance do país foi espectacular». Hoxe, asegura, «vívese igual ca aí».

Á súa chegada, Ana puxo en marcha, xunto cuns amigos, o primeiro lectorado de galego en Varsovia, un posto que foi a primeira en desempeñar. Despois deu clases de español no Instituto Cervantes e empezou a facer algunha que outra tradución. Hoxe, explica, «esta é a miña actividade principal».

Para chegar aí, primeiro foi necesario aprender polaco, unha empresa nada sinxela. «É un idioma moi difícil, cun montón de sonidos descoñecidos para nós e unha gramática imposible feita de excepcións». «Ao principio foi duro», recoñece, pero finalmente conseguiu facerse con el. «Decidín olvida-la vergoña e falar», aínda que para chegar á perfección hai que aprendelo de pequeno.

Ana pasou de ter a sensación de que Polonia estaba lonxe a parecerlle que «está a un paso, e o mesmo os demais países». Non pode pasar un ano sen volver a Galicia e cada verán fai o camiño de retorno. Ana vén dunha familia «moi grande e moi unida», mentres que o seu home é fillo único. «Sempre me falta verme rodeada de persoas queridas», asegura. Os seus fillos falan español e deféndese en galego —ademais de polaco, inglés e o maior, alemán—.

Ana recomenda viaxar a Polonia sen temores. «É un país moi seguro, pódese andar pola rúa a calquera hora sen medo, mesmo hai poucos carteiristas». Para os que saiban inglés «a comunicacion será doada, a xente nova soe falalo moi ben e cada vez hai más xente que fala español, porque está de moda», explica.

Suxire levar algunha chaqueta aínda que sexa verán, e tamén roupa fresca. No inverno, «o de máis abrigo que se teña». E facer turismo gastronómico. «non se pode deixar de tomar sopas»,e aconsella ‘zurek’, de fariña fermentada, ou ‘barszcz’, de remolacha.

Os postres,que se toman nas cafeterías unha hora despois de ter comido, tamén son reseñables. Pasteis de queixo, mazá, ou semillas de amapola e «buñuelos con mermelada dentro, se é de rosa mellor». Tamén o pan e os xeados destacan na gastronomía polaca.

En canto a visitas, engade ás guías turísticas o Museo de Chopin, que acaba de abrir. E cre que ninguén pode deixar de ir ao campo de concentración de Auschwitz, «non apto para persoas moi sensibles e ao que os nenos non poden entrar. Calquera que o visite cambiará a maneira de ve-la vida», declara.

  • Os nenos van en turnos á escola
    Aínda que o nivel de vida mellorou, os servizos públicos en Polonia teñen as súas limitacións. Na educación, Ana asegura que hai colexios de todos os tipos: privados,
    públicos e concertados. «Os públicos caracterízanse pola falta de medios» e nas zonas onde hai moita xente nova, como a súa, «pola masificación», que obriga a que os pequenos «asistan en turnos, de mañá ou de tarde, e as clases teñen 30 minutos». Ademais, os profesores «gañan moi pouco, e con frecuencia están pluriempleados». Os concertados «soen ter mellor profesorado e máis actividades extraescolares» e as clases baixan a 18 alumnos. Ademais, teñen máis horas de lingua estranxeira que nos institutos. Os privados «soen ser a élite, pero resultan moi caros».
  • Sanidade
    A sanidade «funciona moi mal xa que ten unha dotación financieira moi escasa». Ir ao médico supón facer longas colas e madrugar moito para coller número. «Os hospitais
    son moi austeros e a comida espantosa, o habitual é que a xente lles leve a comida da casa ós enfermos». Quen pode paga un seguro privado, e moitas veces xa o fan as empresas para os seus empregados, apunta.
  • Relacións sociais
    O frío é quizás a razón pola que a xente queda cos amigos normalmente na casa. Ana percibe que «cada vez están abrindo máis pubs, pero a xente non anda cambiando
    dun local a outro». Tamén o consumo de alcohol está mudando. «Cando cheguei a maioría da xente bebía vodka, pero agora colleu moita forza o viño», aínda que é
    caro, aclara. Ás festas domésticas é obrigado levar algo de alcohol e se a invitación é para comer hai que axuntar «un ramo de flores para a anfitriona», conta.
  • Nivel de vida
    A vida é máis barata que en España e as únicas cousas que resultan caras «son a froita e verduras, a roupa e o calzado» e Ana apunta que os polacos está moi afeitos a comprar por internet. O prezo da vivenda é, en xeral, máis barata que España e quen pode, compra, di...

Comentarios