''A novidade deste ano é a feira de artesanía''

ADE2212P127F1.JPG
photo_camera ADE2212P127F1.JPG

Cando están en pé de festa os veciños de Acea de Olga?

As festas na honra do Bo Pastor e San Antón, que levo once anos consecutivos organizando, celébranse desde hoxe ata o domingo gracias á aportación económica dos veciños e das firmas comerciais e á axuda do Concello.

Cal é o programa de hoxe?

O pregoeiro é Xoán Carlos Rodríguez, o director de ‘Hoy por hoy’ de Radio Lugo. A lectura será ás 20.45 horas. Despois celebraremos una churrascada popular con 350 quilos de carne de porco ibérico. A verbena correrá a cargo da orquestra Acordes. O cantautor lucense David Prado presentará o seu primeiro disco.

Que novidades teñen?

A novidade deste ano é a feira de artesanía, que mañá abrirá ás 11.00 horas. Haberá uns quince expositores. A orquestra atracción Garibaldi amenizará a verbena o sábado.

E o día grande, o domingo?

Ás 11.00 horas abrirá a feira de artesanía e haberá un pasarrúas dunha agrupación de gaitas. A unha será a misa e despois haberá unha sesión vermú coa orquestra Stereo Music Show, que tamén amenizará o baile de tarde, ata as 22.30 horas, cando rematará a festa. Ás 19.30 horas invitaremos ós nenos a merendar pizzas.

Comentarios