''No tengo pactos con mi mujer; nos conocemos bien''

1. ¿ Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Non hai nada que me desguste do meu traballo, pero o que máis me agrada é relacionarme coa xente.

2. Se volvese empezar adicaríase a...

O certo é que non me gusta pensar en algo que non vai poder ser.

3. O soño que máis se repite é...

Un no que voaba, pero diso hai xa moito tempo.

4. ¿A quen admira?

Ao meu fillo.

5. ¿ Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non me arrepinto de nada, aínda que reflexiono sobre algunhas cousas. Por outra banda, tamén se aprende dos erros, e como non hai volta atrás...

6. ¿Que cita subscribiría?

[Risas] «E para comer, Lugo».

7. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Si e non, pero non é porque non me atreva, é porque non quero.

8. ¿Que coche ten?

Un Citröen C-15.

9. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Unha moto.

10. ¿E o seu ben material máis prezado?

Pois... esa moto.

11. Unha tolemia que fixera por amor.

Non adoito facer toleadas, nin por amor nin por nada.

12. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

Perdoaríallo todo, por iso é a miña parella.

13. ¿Ten algún pacto con ela?

Nin os temos nin os necesitamos. Coñecémonos ben despois de 38 anos.

14.¿ Que libro ten na mesiña de noite?

Agora mesmo, ningún.

15. Non sae da casa sen...

Roupa.

16. ¿Que pecados capitais desculpa?

Descúlpoo todo e, neste caso, todos.

17. Algo que nunca falte na súa neveira...

Dedicándome ao que me dedico, no meu frigorífico non adoita faltar de nada.

18. Pérdelle un bo...

Galo da miñoca preparado no meu mesón pola miña dona, ou un bacallau ao pil-pil.

19. Está cómodo vestido con...

Síntome cómodo espido. Se teño que estar vestido, pois de sport.

20. Unha peza que deteste.

Non detesto nada nin a ninguén, aínda que o traxe gústame pouco.

21. As mellores vacacións da súa vida foron...

En Escandinavia. No ano 91 fun en moto con cinco amigos e no 93 volvín coa miña dona, tamén en moto.

22. A súa viaxe soñada sería a...

Gustaríame ir a Canadá, aos territorios do Yukón, a Saskatchewan e a Manitoba, ou a calquera illa da Polinesia.

23. A paisaxe que máis lle impresionara.

A Ribeira Sacra, os fiordos de Noruega e a nosa Mariña.

24. Un libro, unha película e un grupo musical.

‘Antonio B., el Rojo’, ‘Expreso de medianoche’ e, en música, Creedence e The Pretenders.

25. A súa materia pendente é...

Percorrer o mundo en moto.

"ESTOU CADA VEZ MÁIS CERTO DE QUE 'E PARA COMER, LUGO"

1. ¿Algunha vez comeu nun establecemento que lle fixese cuestionarse o lema de «E para comer, Lugo»?

Non, todo ou contrario. Cada vez reafírmome máis nesa marca.

2. É curioso que alguén que sempre foi por libre leve anos exercendo de presidente dun colectivo...

O que eu fago, xunto coa xunta directiva, é representar ao sector. Estou dacordo co asociacionismo, e alguén terá que poñerse á fronte para lograr melloras para o sector.

3. No seu menú causaba sensación a ‘pita de cuneta’. ¿Foi o precursor do ‘Vivamos como galegos’?

No noso mesón, ademais da pita de cuneta, temos o galo da miñoca, ambas especialidades son moi galegas e causan sensación, pero xuro que non tiven nada que ver co famoso lema.

4. Sexa sincero, ¿tiroulle das orellas aos seus colegas por non estirarse máis en eventos que lles son tan rendibles como o Arde Lucus?

Eu non lle teño que tirar das orellas a ninguén. Cada establecemento é soberano e sabe que facer para rendibilizar o seu negocio. Non obstante, quero aclarar que os cartos que achegan para as festas as marcas ou distribuidores relacionados coa hostalería fano porque teñen relación comercial connosco: eles, coma os nosos provedores; e nós, coma os seus clientes. Nosos, non do Concello.

Comentarios