domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

''No sabes lo fuerte que eres hasta que ser fuerte es tu única opción''

Foto: SEBAS SENANDE
Foto: SEBAS SENANDE

Mercedes Castro dirixe en Lugo unha escola de baile pola que pasan alumnos de tódalas idades

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Gústame todo: encántame ensinar e gozo vendo aos alumnos gozar comigo. Porque ten que gustarche moito o que fas para poder tansmitirllo aos demais. E se tivese que dicir algo negativo sería ver á xente sen interese, aínda que, por sorte, sucede poucas veces.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Sen dúbidas: ao mesmo.

3. O soño que máis se repite é...

Chegar á vellez sen enfermidades e gozala todo o que poida.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Estrañar non, pero si lembro a adolescencia con moito agarimo.

5. ¿A quen admira?

A aqueles que teñen que sacar a súa familia adiante con 600 euros ao mes, ou menos, e lógrano.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non creo; ao feito, peito. Dos erros tamén se aprende.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Non.

8. ¿Que cita subscribiría?

Nunca sabes o forte que eres ata que ser forte é a túa única opción.

9. ¿Que coche ten?

Un C-MAX.

10. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Un biquini que vin en Londres.

11. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

A miña casa.

12. Unha toleada que fixera por amor.

Ningunha, só as da adolescencia, pero esa etapa xa é en si unha gran toleada.

13. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Pódese perdoar case todo, sempre hai que dar un voto de confianza. Agora ben, se se perde iso, perdeuse todo.

14. ¿Teñen algún pacto?

Respecto mutuo e espazo para cada un.

15. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

¡Non, nada de nada! Creo que non temos nada que envexarlles aos homes.

16. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘El lenguaje de la danza’, de Mary Wigman.

17. Non sae da casa sen...

O iPhone e os pendentes.

18. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula e a preguiza.

19. Algo que nunca falte na súa neveira...

Leite e iogures.

20. Pérdea un bo...

Xeado, en calquera época do ano.

21. Unha prenda que desteste.

Os leggins, horrorízanme.

22. As súas mellores vacacións foron...

Un verán coa miña familia en caravana por Trancia, Luxemburgo, Alemaña e Países Baixos. Foron unhas vacacións moi ben aproveitadas.

23. A súa viaxe soñada sería a...

Australia. Creo que é un lugar impresionante e, ademais, un dos puntos do planeta máis alonxados da miña cidade.

24. A paisaxe que máis a impresionou.

En Negril (Xamaica), uns cantís impresionantes, acompañados por unha das mellores postas de sol do mundo.

25. ¿E a súa materia pendente?

Falar un inglés fluído.

«A AFECCIÓN POLO BAILE VAI EN AUMENTO»

1. Dende a súa experiencia como profesora, ¿en Lugo hai afección polo baile?

Si, levo moitos años dedicándome a isto e poido observar como ano tras ano vai aumentando a afección. Cada vez hai máis xente que quere aprender, e ademais de tódalas idades.

2. ¿A quenes prefire como alumnos, aos nenos ou aos adultos?

Son ensinanzas diferentes. Cos adultos o entendemento é máis fácil e conectas máis a nivel persoal. Cos nenos é máis duro, pero tamén as satisfaccións que se conseguen con eles adoitan ser moito maiores.

3. ¿Con que lucense coñecido lle gustaría marcarse un bo baile?

[Ri] ¡Con Paco Pestana! Con el calquera baile estaría ben...exceptuando a danza do ventre, que creo que non se lle dá moi ben.

4. ¿E a quen aproveitaría para darlle algún que outro ‘pisotón’?

Non, non. Non pisaría a propósito a ninguén en particular. Fose quen fose a miña parella, tentaría facerlle gozar do baile.

''No sabes lo fuerte que eres hasta que ser fuerte es tu única...
Comentarios