No hay candidatos para asumir el decanato de Humanidades

O decano da facultade de Humanidades, Alexandre Veiga, pasará en breve a exercer o seu cargo en funcións, despois de que se convocasen eleccións no centro e que non se presentara ningún candidato para relevalo. O período de presentación de candidaturas pechouse o pasado día 20 e, debido ao período vacacional, non se enviou ata esta semana a comunicación ao reitorado da nova situación.

Nesta disxuntiva, a normativa establece que o reitor prorrogue ata tres meses máis o mandato do actual decano e que, pasado este tempo, se volvan convocar eleccións, coa esperanza de que esta segunda vez si haxa aspirantes a dirixir o centro.

Veiga non pode asumir o cargo outros catro anos máis porque os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela limitan a dous períodos —un total de oito anos— esta labor, e el acaba de esgotar este límite. No equipo decanal de Alexandre Veiga participan os profesores Jodee Anderson McGuire, como vicedecana; e Miguel González Pereira, Miguel, como secretario.

Segundo os estatutos da USC, poden optar ao cargo de decano os profesores doutores pertencentes a corpos docentes universitarios censados no centro.

Tendo en conta que a nova situación pode prorrogarse un máximo de tres meses antes de volver convocar eleccións e que agosto é mes de vacacións na Universidade, non se descarta que non se volva enfrontar este tema ata o mes de setembro.

Segundo o decano, Alexandre Veiga, a difícil situación económica que atravesa a institución educativa podería influír na ausencia de candidatos para facerse cargo do decanato. «Estamos nun ano moi difícil no económico, e a situación esíxenos a todos medidas de austeridade que deixan pouco marxe aos decanos dos centros», sinalou Veiga.

Curso de primavera

A facultade de Humanidades organiza a séptima edición do Curso de Primavera, que este ano ten como tema central ‘Sub Urbem: historia, sociedade e cultura da cidade’. O prazo inscrición para participar finaliza hoxe, e os que queiran apuntarse deberán facelo na Oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo e na Facultade de Humanidades.

O curso estará dedicado este ano á historia, sociedade e cultura da cidade e celebrarase na Casa do Saber e en Humanidades do 3 ao 6 de maio. Ao longo destas xornadas abordaranse temas como a función sociocultural do Instituto Provincial de Lugo, a sociedade na época romano xermánica, a permanencia da cidade no mundo antigo, o sistema urbano de Galicia, a análise de exemplos de cidades patrimonio como Brasilia ou unha mirada aos escribáns lugueses dos séculos XVI ao XVIII.

Comentarios