''Non estou queimado, o que gañei nestes 15 anos foi experiencia e ganas de solucionar os problemas''

Orozco, anunciando que se presenta en presencia de Luis Álvarez. (Sebas Senande/El Progreso)
photo_camera Orozco, anunciando que se presenta en presencia de Luis Álvarez. (Sebas Senande/El Progreso)

¿Non está queimado despois de 15 anos?

En absoluto. O que gañei nestes 15 anos foi experiencia, coñecer ben os problemas e ganas de seguir dándolles solución e seguir pensando na cidade e no Concello. Quéimanse unicamente os que non cren no traballo que están facendo.

¿Por que anunciou esta semana que se presenta a reelección, cando o seu partido dá marxe ata novembro?

Para non xerar máis incerteza. Queríao facer antes, pero cando en agosto souben que ía haber un comité nacional o 13 de setembro preferín que se aprobaran as normas e anuncialo despois.

¿Cando dixo si?

Foi esta semana, cando sumando todo tiven a última conversa co secretario xeral. Saín da xuntanza, chamei a miña familia e dixen: tomo esta decisión.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios