La noche es más larga en la Intercentros

Estudantes na Intercentros, onte pola noite (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Estudantes na Intercentros, onte pola noite (Foto: Xesús Ponte)

Nos meses de xaneiro e maio, a noite luguesa suma outro centro neurálxico, con tanta actividade ou máis que algunha das zonas de copas da cidade. Durante as semanas de exames, a Biblioteca Intercentros é un dos tres centros da USC que alongan o seu horario ata a madrugada. Os outros dous son a biblioteca Concepción Arenal e a de Económicas e Empresariais, ámbalas dúas no campus compostelano. Desta volta, o período de horario ampliado fixouse entre o día 2 e o 24 deste mes. Nestas datas, a Biblioteca Intercentros permite aos noctámbulos, por gusto ou por necesidade, quedar ata as tres da mañá, unha posibilidade que aproveitan varios centos de persoas cada día.

A Intercentros leva un rexistro diario dos usuarios que fan uso das súas salas, que amosa na primeira semana, entre os días 2 e 6, unha media de entre cento cincuenta e douscentos usuarios nas horas punta nocturnas, entre as dez e as doce. Nesta semana, aumentaron os estudantes, con máis de trescentos postos ocupados nesa franxa horaria, a partir da cal empeza a descender o uso. Na última hora da noite, poucos días se chega a cen persoas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios