Muchas nueces y poco ruído

José Luis Díaz (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera José Luis Díaz (Foto: Pepe Álvez)

nON TERÍA nada de particular que na sutileza do ‘spot’ televisivo «¿Le gusta conducir?» tivese algo que ver o noso personaxe de hoxe, de igual xeito que, aquí si, de certo, é o ideólogo das cuñas publicitarias da Filarmónica de Lugo e do vindeiro Festival de Música Cidade de Lugo, XL Semana do Corpus, ademais de eficiente xestor. No primeiro caso poderíalle corresponder por aportación de delicadeza no cosmos do seu «modus vivendi» -traballa na BMW-, pero no segundo caso lle atinxe na súa condición de concertino. Peza fundamental no Festival de Jazz e mesmo indispensable como secretario da Filarmónica de Lugo, José Luis milita nesa minoría discreta e rigorosa na que o eido da arte lle conmove, disfrutando de xeito persoal ou coral; nomeadamente isto último. Lector, viaxeiro, ‘gourmet’, cinéfilo, melómano, sempre na procura da excelencia. Así, a este porteño, galego en exercicio, ben que lle gustaría conversar no Café Tortoni ou gozar da acústica do Teatro Colón arxentino. Mais, como persoa culta, conforma a vida ao medio, e non rexeita daqueles praceres mesmo no Mesón ou Miraz, e no Círculo das Artes.

Comentarios