Miranda contrapone su trabajo al de Cañete y pide el voto para el BNG

Miranda, cos membros lucenses da candidatura e García Negro. (Foto: J. Vázquez)
photo_camera Miranda, cos membros lucenses da candidatura e García Negro. (Foto: J. Vázquez)

A eurodiputada e de novo cabeza de lista do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, viaxou onte á capital luguesa para presentar a súa candidatura nun acto no que estivo acompañada polos outros lugueses que forman parte dela e máis pola tamén nativa Pilar García Negro, que inicialmente ía pechar a táboa pero que por un axuste de números quedou fóra.

Á beira do Miño e da ponte romana, Miranda afirmou que a candidatura que encabeza vai máis aló das siglas do BNG. «É a candidatura de Galicia, a que representa o equipo da casa, a que está coa xente cando ten problemas, non aparecemos só cando hai eleccións», sinalou.

ACTO DE CAMPAÑA
Ningún cargo do partido en Lugo acudiu á presentación do proxecto europeo

A presentación da candidatura do BNG non contou con ningún cargo nacionalista da cidade ou da provincia. Chamou a atención porque é habitual que os responsables locais e provincias fagan de anfitrións. Só acudiu a responsable comarcal -non o local- e media ducia de militantes. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios