''Mi materia pendiente es correr una maratón''

O novo decano de Veterinaria, Germán Santamarina, goza co contacto coa xente nova

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O mellor da universidade é o contacto continuo coa xente nova, a pesar do paso do tempo. O que máis me desgusta é a burocracia inútil que nos fai perder tanto tempo e que xustifica tanta mediocridade.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo, ¡pero que preguiza ter que empezar de novo!

3. O soño que máis se repite é...

Durmo tan mal que penso que nunca chego á fase dos soños.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Si, todo o que vou deixando atrás...

5. ¿A quen admira?

Aos yanomami, que viven tranquilos sen meterse con ninguén. Mágoa que non sexa igual ao revés.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Nada digno de mención.

7. ¿Que cita subscribiría?

«Cre só a metade do que ves e nada do que escoites», de Edgar Allan Poe. Segue moi vixente.

8. ¿Votou nas últimas eleccións?, ¿atrévese a dicir a quen?

Votei e, como sempre, aos máis bos.

9. ¿Que coche ten?

Un BMW pequeno.

10. ¿Cal foi o capricho máis caro que ten mercado?

O concepto de capricho é moi relativo. Todo o que compro, sobre todo si é caro, é porque lle vou dar uso.

11. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Ao que lle teño máis cariño son ás miñas bicicletas, pero non sei se son o ben máis prezado.

12. ¿Que libro ten na mesiña de noite?

¡Que antigo!, na mesiña de noite teño o iPad.

13. Non sae da casa sen...

Non saio sen Forest, o noso can.

14. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula e a preguiza, pero que cada un apande co seu, logo non se admiten queixas.

15. ¿Que é o que nunca falta na súa neveira?

Un Red Bull, algún Gatorade e un queixo de San Simón.

16. Pérdeo un bo...

Se falamos de xantar, gozo máis da compaña, cando estou entre amigos, que do que hai no prato.

17. Séntese cómodo vestido con...

Xa lle dixen que admiraba aos yanomami...

18. ¿Que calzado lle gusta levar?

O que corresponda. Donde poño máis empeño é en escoller unhas boas deportivas para correr.

19. Unha peza que deteste...

Non me vexo con gabardina.

20. As mellores vacacións da súa vida foron...

Os veráns que pasei en Goiriz, na Terra Chá.

21. A súa viaxe soñada sería a...

A Perú, e pasaría por La Oroya.

22. A paisaxe que máis o impresionou...

O parque nacional de Yosemite.

23. Un libro, unha película e un grupo musical.

‘El nombre de la rosa’, ‘Brazil’ e David Bowie.

24. ¿A súa materia pendente?

Correr unha maratón, pero hai que ter moito tempo para preparala.

"A FACULTADE DE VETERINARIA ESTÁ MOI CONSOLIDADA"TACO EN COLOOOOOOOOR

1. Substitúe no decanato a Ana Bravo, quen lle deixou o listón moi alto. ¿Como afronta a responsabilidade?

Con optimismo, porque me acompaña un equipo fantástico e atopámonos unha facultade moi consolidada, cunha plantilla absolutamente comprometida.

2. É o primeiro decano da facultade de Veterinaria de Lugo que, ademais, estudou nela. ¿O seu éxito é a mellor proba da calidade do centro?

En absoluto, a calidade ven dada polas melloras docentes constantes, os éxitos dos grupos de investigación e, en definitiva, o esforzo do persoal. O feito de que eu me formara aquí e agora ocupe o posto de decano non é máis cunha proba da madurez do centro e do paso do tempo.

3. ¿Que solucións daría a feitos como a xauría de cans abandonada e famenta de Paderne?

A solución pasa por concienciar á xente do concepto de tenencia responsable dos animais. Un animal de compañía implica unha grande responsabilidade, non exenta de custos.

4. O Rof Codina recibiu material quirúrxico do antigo Xeral. Nestes tempos, haberá quen pense que se lle podía dar mellor uso....

¡Non se me ocorre un mellor destino! O equipamento cedido, ou ben non se adaptaba as novas estructuras do Hula, ou ben non se axustaba aos estándares de calidade actuais. ¡Oxalá en todas as administracións primara este sentido da reutilización!

Comentarios