La magia de los taumatropos

Participantes no obradoiro 'Qontos en movemento' do Museo (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Participantes no obradoiro 'Qontos en movemento' do Museo (Foto: Pepe Tejero)

O xoguete que reproduce o movemento con dúas imaxes, o taumatropo -cuxa invención se atribúe a John Ayrton (1824)- semella non perder a súa vixencia.

«Hai que usar dúas gomas e dous debuxos enfrontados; daslle voltas, xira... e xa está», comenta María López, de oito anos, quen estes días participa xunto a outros nenos no obradoiro ‘Qontos en movemento’ que acolle o Museo.

Como ela, os seus compañeiros achéganse á linguaxe cinematográfica polas diferenzas que para contar unha historia permiten e suxiren as linguaxes audiovisual e literaria. Jacobo Fariñas afirma que se apuntou ao taller que imparte Raquel Méndez para saber «como evolucionou a fotografía a imaxes animadas». Aí é nada.

Co xogo de eixe, cativos coma Sergio Zacarías Rodríguez («Hacemos manualidades y muchas cosas divertidas», di) aprenden, -case sen sabelo-, estrutura, xénero e identificación de planos. «Nos está gustando este curso», sinala Carmen Peñalver mentres traballa cunha ficha sobre temática, acción, audio e personaxes. Coinciden con ela Alba Piñeiro e Samuel Hermida, entre outros.

Nos seus formatos, as historias contribúen a desenvolver o sentido crítico, e cadaquén é libre para crear, animar e revirar a súa.

Comentarios