Mario Outeiro: ''Intentaremos que la exposición de las piezas sea en el futuro didáctica y científica''

Outeiro vive esta semana un dos momentos máis satisfactorios da súa carreira política: acaba de conquerir o retorno da colección de Álvaro Gil ao Museo e ten perfilado xa o proxecto museográfico para volver expoñer as pezas dun xeito máis didáctico.

A finais do verán a colección de Álvaro Gil volverá a estar no Museo de Lugo. Un pletórico Mario Outeiro repasa as claves do acordo coa familia para conseguir que as pezas quedasen en Lugo. Durante a conversa tamén saíron á luz novas ideas para poñer en valor a valiosa exposición de xoias castrexas e o carneiro alado que pasan por dar máis información e alixeirar as pezas exhibidas. O delegado de cultura da non pecha a porta á posibilidade de expoñer outras obras do patrimonio da familia Gil no futuro.

Que cambiou na negociación para que se pasara dun desacordo a un acordo total, sen variar as condicións iniciais?

Sempre houbo un bo clima nas conversacións dende que eu coñecín a Carlos López Gil, que foi en xullo de 2013. A primeira reunión foi fría, no senso de que nin nós coñecíamos que estaba a cousa mal. Pero nesas negociacións foise adquirindo confianza, sobre todo unha vez que se aclararon certas historias, como o tema do seguro, que a familia pensaba que as pezas non estaban aseguradas e o estaban dende o 2008, dende que entramos o BNG e o PSOE nesta Deputación. Había unhas certas historias que a familia pensaba que eran dunha maneira e non eran así. Unha vez que se aclarou todo e que se puxo clara vontade de que isto non saíra de Lugo, a relación foi moi boa.

Trátase, pois, dunha simple cuestión de confianza?

Tamén cambiaron outras cousas, como a declaración de BIC da colección. Supoño que iso trae consigo unha serie de problemas para

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios