Manual de compra del pescado

ADE0302P57F3.JPG
photo_camera ADE0302P57F3.JPG

O peixe sufriu unha suba xeralizada na última semana que alterou de xeito evidente o panorama na Praza. Variedades que estaban francamente baratas un día pasaron a ter un prezo elevado ao seguinte, unha fluctuación que, de todos os produtos que se poden atopar nun mercado de abastos, so no peixe se produce de xeito tan radical e rápido. Aínda que as razóns son complicadas de atopar, a existencia da ponte do 1 de maio, que incrementa a demanda de peixe galego nas costas españolas pode ser unha delas. A pescada foi unha das especies nas que máis se notou, pasando dos 7,50 euros o quilo aos 10,50 dun día para outro. Como sempre quedan opcións, está a bo prezo o rodaballo (19 euros, fronte aos 25 ou 26 que pode costar) ou o chincho (4,90). O choco, a 8,50 euros o quilo, tamén ten boa saída.

Pescada 10,5

   

Melocotón de murcia

Tras os nísperos, pavías e albaricoques a última incorporación da froita de garabuño é o melocotón. Chega de Murcia e a clase extra custa 4,20 euros o quilo.

     
   

Aguacate para ensaladas

Alimento prohibido en moitas dietas de adelgazamento, o aguacate é unha gran fonte de Omega 3. Aínda que é certo que ten graxa, o seu consumo resulta moi recomendable por ese motivo.

Prezos no mercado de Lugo
CARNICERÍA     FROITERÍA  
=  Solombo 18   =  Mazá 1,25
=  Año 18   =  Plátano 1,90
= Peituga 7,50      Pavía 2,75
= Bisté 10,80     Fresa 2,25
PESCADERÍA     HORTALIZAS  
Parrocha 7,50   =  Tomate 2,25
=  Sargo 9,90   = Leituga 0,70
= Bertorella 8,90   = Repolo 1,25
  Choco 9,85    Xudía 2,50

Comentarios