jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Lugo apuesta por la seguridad y mejora la gestión del tráfico

A mellora na seguridade vial e na xestión do tráfico son prioritarias para o Concello de Lugo, dado que contribuír a lograr este obxectivo redunda de forma directa sobre os cidadáns. Así, o órgano de goberno local promoveu iniciativas que favorecen ditas melloras e cuxa materialización foi posible grazas ó investimento do Ministerio de Política Territorial, que destinou a tal fi n unha contía de 180.000 euros.

Adxudicada á empresa Telvent, a mellora na seguridade vial, tanto do tráfico de vehículos como de peóns, levou a que o tránsito pasase a ser regulado por semáforos nas interseccións de Ramón Ferreiro con Marina Española e de Lamas de Prado con Juana la Loca.

Os semáforos contan con tecnoloxía LED, especifi ca a adxudicataria. Esto redunda no aforro, pois o consumo enerxético deste tipo de sistema é inferior ó dos sistemas tradicionais.

Amais, esta tamén se ocupou do proxecto para a mellora da xestión do tráfico en xeral. Para logralo, instalou novas cámaras de control da circulación, que están integradas na sala de control. Hai dúas na Avenida de Madrid e o seu enlace coa Rolda Xosé Castiñeira; dúas na rúa Montefaro na conexión coa Avenida Infanta Elena; e unha na Rolda de Fingoy na unión coa Avenida Alfonso X.

A instalación das devanditas cámaras permite que dende a sala de control de tráfico, integrada no centro de mando da Policía Local, se conte con novas ferramentas para a xestión do tránsito, tal e como vén realizando co resto da rede semafórica, co sistema de control de accesos e coa infraestrutura de cámaras de control de tráfico. Estas ferramentas permiten establecer diferentes tipos de programacións e plans específicos en función de necesidades cotiás ou puntuais.

Acometer dito proxecto non só redunda positivamente nos veciños de Lugo e nos visitantes, senón que tivo tamén outros beneficiarios. De feito, a obra foi levada a cabo a través do Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, FEESL, que inclúe dentro dos seus obxectivos o de xerar postos de traballo.

A empresa Telvent, a adxudicataria da obra, forma parte do Grupo Abengoa e conta en Galicia con varios centros de traballo, un deles no polígono industrial do Ceao. Esta coñece os sistemas e equipos que integran a rede semafórica e o centro de control de tráfico de Lugo.

OS DATOS

  • Obra financiada polo Goberno de España e promovida polo Concello de Lugo
  • Adxudicataria: Telvent
  • Denominación do proxecto: Mellora da seguridade vial no concello de Lugo (10 FEESL23)
  • Orzamento: 180.000 euros

Lugo apuesta por la seguridad y mejora la gestión del tráfico
Comentarios