lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Los candidatos a rector de la USC, frente a frente

Antonio López. Foto: SEBAS SENANDE
Antonio López. Foto: SEBAS SENANDE

os candidatos a liderar a Universidade de Santiago durante os próximos catro anos confrontan nesta entrevista os seus programas e proxectos. 

ANTONIO LÓPEZ, catedrático de Dereito Tributario (Barreiros, 1964)

«Toda a comunidade debe ter servizos similares en calquera dos campus»

Fóra da universidade é coñecido por ter pertencido ao Consello de Contas desde 2007, do que foi conselleiro maior ata 2013. Na USC tamén tivo cargos de responsabilidade. Foi vicerreitor con Darío Villanueva e decano da Facultade de Dereito (2005-2007). Agora postúlase para dirixir a USC os próximos catro anos.

 

JUAN VIAÑO, catedrático de Matemática Aplicada (Boqueixón, 1955)

«O que máis me preocupa en Lugo é o descenso constante de estudantes»

A súa traxectoria profesional está vencellada á universidade. Entre outros cargos, foi decano da facultade de Matemáticas oito anos e vicerreitor de Profesorado durante a reitoría de Senén Barro. Nos últimos catro anos, fixo unha férrea oposición a Juan Casares desde o colectivo Máis Ideas.

Que valoración fai do mandato de Juan Casares? Podería atopar algo bo destes últimos catro anos?

Antonio López: Tocoulle asumir o goberno nunha época especialmente difícil para a USC. Nese contexto non se foi capaz de acadar as maiorías necesarias para poder sacar adiante cuestións tan importantes como a programación plurianual ou os orzamentos dos últimos tres exercicios, dando lugar a unha certa crise institucional. Entre as cousas positivas cabería citar que, no tocante á débeda, invertiu a tendencia seguida ata ese momento e non só non incrementou, senón que reduciu o endebedamento da USC.

Juan Viaño: Recoñezo que os últimos catro anos non foron bos para a USC. É certo que ao reitor Casares lle tocaron uns tempos moi difíciles pero a súa xestión non estivo a altura do que precisaba a USC. Tamén é certo que en catro anos se fixeron algunhas cousas interesantes, como o esforzo por manter o persoal contratado.

Consiga AQUÍ la información completa

Los candidatos a rector de la USC, frente a frente
Comentarios