A loira que se soñaba negra

Tareixa Campo (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Tareixa Campo (Foto: Pepe Álvez)

De todos os personaxes que representou nos seus 45 anos de relación co teatro, Tareixa Campo quédase con Calibán. Escolle un escravo negro e deforme, que pasa coma un esterotipo do home sometido polo home nunha obra de Shakespeare. A súa atracción por unha persoa que se deixa humillar vén de que «é o contrario de ti, polo que non podes caer na tentación de poñerte nel; debes crear». E Tareixa quere crear, por iso consagrou a vida a dirixir nenos e adultos, traducir obras para dicilas máis sentidas na súa lingua e soñar con encarnar a Medea. Dende que empezou a xogar a escenarios, camerinos e patios de butacas nunca dubidou da súa singladura: era unha nena loira de 7 anos e foi a única da casa que non protestou cando a tinxiron de negro para unha representación.

Comentarios