A lingüista Goretti Sanmartín avoga por crear campañas de galego para o rural

Goretti Sanmartín (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Goretti Sanmartín (Foto: Sebas Senande)

A profesora de Filoloxía Galega da Universidad da Coruña Goretti Sanmartin salientou o papel da muller na transmisión do patrimonio oral dentro da súa conferencia, a primeira das Xornadas sobre Lingua, Muller e Dinámica Social que programaron as comisións de normalización lingüística das facultades de Humanidades, Veterinaria, Formación do Profesorado e da Escola Politécnica Superior.

Sanmartín sinalou que hai moi pouco estudado sobre lingua e muller, e nada sobre estes dous elementos vinculados ao medio rural. Neste senso, defendeu o deseño dunha política lingüística orientada ao rural, para atender aos falantes de galego que non fan uso del na escrita e na lectura e ao revés, que o escriben pero non o falan. Ademais apuntou que sociolinguisticamente está dando un xiro coa chegada de xente de hábitos e cultura máis urbana.

Goretti Sanmartin asegurou que aínda que o rural sempre se viu como a reserva do galego, hai que facer que os seus habitantes se sintan orgullosos da súa lingua e das súas variedades dialectais.

Comentarios