''Llevé más golpes en la vida que en el ring''

Manuel Castiñeira. (Foto: J.Vázquez)
photo_camera Manuel Castiñeira. (Foto: J.Vázquez)

chamábanlle ‘Sombrita’ porque os puñazos que daba eran do estilo dos dun boxeador canario que levaba ese nome. Daquela, tiña 16 anos e apuntouse ao boxeo porque era un dos deportes de moda en Lugo, ademais do piragüismo e o atletismo e, xaora, o fútbol e o baloncesto. Manuel Castiñeira Abuín pasou dous anos aprendendo a técnica que mellor lle resultou no cuadrilátero e que consistía en pegar os golpes e escapar. «Se levas moitos golpes, é posible que remates K.O. O que hai que facer era pegar e escapar, dar o golpe e saír», lembra.

A lección non só lle serviu para estar no ring, senón que tamén a seguiu no resto das cousas da vida. «O boxeo é frío. Se saes de présa, é posible que leves máis golpes. Hai que agardar para ver como reacciona o contrario. Así cómpre facer tamén na vida, onde levei máis golpes que no ring», conta.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios