''Lévanse máis as melenas longas que o pelo curto''

Laura Valín Castañal, perruqueira que acaba de inaugurar o seu primeiro salón no número 6 da Rúa Montero Ríos

Que tendencias están de moda para esta próxima temporada en cuestión de pelos?

Lévanse moito máis as melenas longas que o pelo curto. Volven as ondas, que se poden facer coa plancha ou á auga.

Quere dicir, logo, que o pelo curto non se leva?

Bueno, hai certos cortes que si. Por exemplo, un que leva a patilla curta por un lado e polo outro, é longo. Ou tamén o chamado corte ‘bob’.

Que nos di das cores?

Os castaños son os que están máis de moda, especialmente o marrón chocolate.

As mechas non?

Non, agora lévanse menos. Prefírense os tons únicos.

Que horario ten aberto?

Estamos todos os días, menos os martes e os sábados, de nove e media a unha e media e de tres e media a sete e media. Os martes só abrimos pola tarde e os sábados, de oito e media a unha e media. Alí estamos, na rúa Montero Ríos, número 6.

Pensan facer algún desconto aos clientes aproveitando a crise?

De momento, coincidindo coa apertura, faremos un dez por cento de desconto en todos os servizos, tanto para homes como para mulleres. Despois, nos próximos meses, faremos outros máis, que xa pensaremos.

Comentarios