Juan Casares: ''Si no se pone dinero ya, la USC perderá su nivel investigador. Esto no se puede mantener''

Casares Long, en el campus de Lugo. (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Casares Long, en el campus de Lugo. (Foto: Xesús Ponte)

O ránking da Universidade de Leiden sitúa a USC no terceiro posto de España en capacidade investigadora. Datos así danlle azos ao reitor para pedir máis apoio. Do contrario, di, o nivel non se pode manter.

Resta un ano de mandato. Como pensa que vai ser o que queda?

O mesmo que fixemos ao longo dos tres anos. Quedaron moitos proxectos no caixón porque a situación requeriu cambiar as prioridades, obrigou a facer un esforzo moi grande de recondución da situación económica da universidade, un esforzo que entendo que xerara malestar, pero que tiñamos que facer porque non ibamos a bo porto. E tivemos que adaptarnos a un contexto moi desfavorable, vivir na crise. Non lembro un so día de ver brotes verdes. Adaptarse a unha realidade adversa custa moito traballo, sobre todo cando durante moito tempo se viviu unha situación de aparente bonanza económica, que non era tal. Foron tres anos coa teima de manter a plantilla, unha teima que manteño.

Porén, algún sector di que entre xubilacións non repostas, investigadores sen proxecto, e supresión de prazas perdéronse uns 600 postos de traballo...

Non é certo. A plantilla de agora con respecto a 2010, practicamente non mudou. Tivemos baixas por xubilacións, fundamentalmente, pero houbo novos ingresos. Temos unha normativa moi restritiva que so permite repoñer unha de cada dez prazas que xubilas. É ben certo que as universidades españolas experimentaron unha caída moi importante de recursos de investigación. Os fondos para proxectos de investigacion desapareceron a nivel autonómico e diminuíron a nivel nacional, e a xente, non da plantilla, que participaba en proxectos e tiña un contrato dun ano ou de dous e que noutros tempos renovaban, agora é difícil a renovación. Calquera institución pode mellorar, pero a USC en termos globais é eficiente, grazas ao esforzo da plantilla.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios